Abstracto: A CAG ofrece información da frecuencia e distribución dos apelidos de Galicia a partir dos datos do Censo de poboación do ano 2001, proporcionados polo Instituto Nacional de Estadística (Madrid) á Real Academia Galega. A páxina facilita información sobre o número de apelidos que se rexistra en cada concello e sobre a porcentaxe de apelidos do concello tendo en conta o número total de apelidos. Esta información númérica represéntase nun mapa temático dos concellos en que a frecuencia de aparición do apelido se marca cunha gradación de cores.