Abstracto: Na base de datos pódese atopar a descrición documental de diversos fondos do Arquivo. É unha base en continua actualización que contén rexistros de documentos (e tamén as imaxes asociadas a eles) e de “autoridades” (palabras clave que nos permiten acceder á información que conteñen) correspondentes a diferentes fondos ou coleccións documentais. O nivel de acceso á información varía según o fondo documental. Nalgúns, pódese chegar ata o mesmo documento. Noutros, a descrición chega ata o nivel de serie documental, coas unidades de instalación (caixas ou atados) a elas asociadas.