Abstracto: Un serio e sistematizado traballo, incluíndo a xenealoxía das súas antigas casas, sobre as labras heráldicas que se encontran nas Ruínas de Santo Domingo, Sección Lapidar do Museo Provincial de Pontevedra. Comprende as que denominan pedras armeiras “mortas”, referíndose ás que por diversos motivos foron desprazadas da súa situación orixinal, as fachadas das casas, e foron “acollidas” no xa citado lugar. Preséntase cada pedra conservada de forma numerada. Incluíndo as medidas, foto en branco e negro do escudo, descrición do escudo, xenealoxía e datos históricos, e datos no inventario do Museo Provincial.